martes, 26 de enero de 2010

Retoque fotográfico

O retoque fotográfico é algo que trae diversas posturas dende hai tempo: é ou non é ético modificar as fotografías?

Con esta pregunta os nosos compañeiros iniciaron, na parte final do traballo, un debate na clase. Pero na miña opinión creo que non se pode chegar a un acordo, hai e haberá diversas consideracións sobre o tema.

O traballo exposto pareceunos moi entretido, apoiado de numerosos vídeos que nos asombraban a todos. Hoxe en día o uso do PhotoShop é algo habitual en tódalas publicacións e realmente cando se ve o antes e o despois obsérvase un cambio enorme.

A entrevista ao profesor Vítor Vaqueiro tamén nos pareceu interesante e unha boa maneira de aportar máis información ao traballo.

Dereitos de autor e propiedade intelectual

Nesta exposición os nosos compañeiros trataron sobre todo o tema da piratería e o tema da descarga ilegal por Internet, algo que nos é familiar a todos pero que non acabamos de coñecer de todo ben.

Grazas aos vídeos, nos que se amosaban avogados discutindo sobre o tema da propiedade intelectual, a exposición fíxose amena. Ademais cuidemos observar os diferentes puntos de vista que hai en torno a isto.

A aportación de exemplos, como o caso de Iván Ferreiro, pareceunos realmente interesante.

Función dos logotipos e identidade social

A exposición sobre os logotipos pareceunos entretida e interesante. Explicaron as diferenzas fundamentais entre os tres tipos de logo (logotipo, isotipo e isologotipo), algo realmente importante xa que moitas veces acostumamos a confundilos.

Dentro do logotipo amosaron exemplos onde este pode presentar certas modificacións sen que por iso perda o seu significado (como ocorre con Google).

Tamén explicaron as características que debe ter un bo logo.

Por último decir que o xogo pareceunos un bo cerre para o traballo.



Tipografía e deseño

+Tipografía:

-Utilización de letras con remates (tipo times), xa que facilitan a letura.
-Emprego de letras acorde co que estamos deseñando (feminidade, alegría...).
-Prestar moita atención a tipografía: ésta caracteriza á marca.
-Emprego de letras escuras sobre fondo máis claro, xa que isto mellora a letura.
-No referente as páxinas web, non xustificar o texto para maior comodidade de letura.
-Creación dunhas letras novidosas para o título co fin de chamar a atención e provocar no público unha identificación destas co produto.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Elementos da comunicación visual


+Comunicación visual:

- Elixir cores que faciliten a lexibilidade.
- Elixir imaxes adecuadas (unha imaxe vale máis que mil palabras e dinamiza o deseño).
-Prestar atención a comunicación casual (que esta non vaia en contra da comunicación intencionada).
-Buscar unha imaxe visual que vaia acorde co receptor, atendendo ao filtro operativo e cultural.
-Utilización de estructuras aorde co espazo (a función dunha estructura é a de modular un espazo dándolle unidade formal).
-Boa disposición dos textos, imaxes e logos buscando uniformidade e boa estética.



miércoles, 18 de noviembre de 2009

Preguntas sobre os apuntes

1.- En que nos debemos basar para facer un organigrama bo e útil?

2.- Que criterios debemos seguir para facelo?

3.- Que tecnoloxía para a creación de páxinas HTML é mellor (PHP ASP JSP )?

4.- Cómo sabemos a cal delas (PHP ASP JSP ) pertence unha páxina calquera?

5.- Para un bo deseño que conta máis: a calidade do vídeo ou o tempo de carga?

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Análisis científico y el monstruo de Frankenstein (web)

World´s Worst Website destaca por mencionar e por exemplificar o que é unha páxina mal deseñada. Mesturas de cores desagradables e con contrastes que apenas deixan ler, animacións e imaxes colocadas sen motivo, asaltos de publicidade e tempo de carga excesivo son recollidos como algúns deses "elementos" que fan insoportable unha web.

Se na anterior páxina podiamos facernos unha idea do que era unha web mal deseñada, a da Discoteca Móvil David, á que chegamos a través de queweb, é o horror web personificado. Cores e letras que desconcertan, enlaces que levan a lugares que non teñen nada que ver, numerosas animacións innecesarias que se montan unhas por riba doutras... Ademais, o que menos se trata na páxina é o da discoteca móvil, habendo enlaces e mencións a cousas que non teñen nada que ver co tema e que son moito máis numerosas que as que se refiren a este.