jueves, 15 de abril de 2010

Comentarios das webs

Xacobe González Castro


Frikisports
Un estilo sobrio, aínda que non demasiado, que permite a boa lexibilidade do negro sobre branco e unha disposición dos elementos que deixa clao que o importante é o do centro, sendo as marxes unha invitación a curiosear polo resto da web. O menú non funciona, o que trae un serio problema para ir dunha sección a outra sen pasar polo inicio. O test é o foro son boas formas de invitar á interactividade. 7

Bang
A estética axústase ben ó tema, a navegación é sinxela e intuitiva e todo se adapta perfectamente ó que sería o cometido dunha páxina deste estilo, a promoción dun filme. 8

Revolucine
Ata que non se miran as "instruccións" non se sabe de que vai a páxina e o apartado de redes non cadra moito sendo o único cometido da páxina o de proporcionar uns test para entreterse. O deseño é coherente, letras brancas e vermellas sobre un fondo negro que fai centrar a atención sobre o que hai na páxina. 7

Maldia
Estética axustada ó tema e fácil navegación. Moi práctico o deseño da sección de multimedia. 8

Astresenpunto
Un diseño moi coidado e unha navegación que se fai sinxela tendo sempre como eixo central o inicio, ó que podemos volver sempre sen problemas, de xeito que sempre estamos ubicados entre todo o material da páxina. 9

Neoteristad
Sería máis fácil entrar podendo clickar en calquera parte do inicio, personalmente, intenteino prineiro nas letras, logo na chama e logo fun o verdadeiro botón; crea incertidume. Unh vez dentro, as seccións son lóxicas e agradecese a posiilidade de acceder a calquera en calquera momento. A estética non é moi publicitaria. 7

Ás de corazóns
Cores acertadas e boa navegación. O único que canta un pouco do deseño é que os textos están sobre branco e cortan a imaxe do fondo, non sei e era pretendido ou saíu así. Polo demais, divertida e ben traballada. 8

Madreselva
Moi sinxela e directa. A navegación non pode ser máis fácil. Moi bos os detalles da explicación de xardinería ecolóxica e os banners. 9

Chita Fan Club
Facilmente navegable. Todo moi básico en canto ó deseño, con espazos baleiros arredos dos contidos en algunhas das seccións. 5

Transportes M. Gesteira
Ó igual que Madreelva, vai ó que vai, véndese a imaxe dunha empresa. A combinación de cores está ben para unha empresa "especialista en frío". Lograda a sección de "flota". 9

Deporte no es solo fútbol
A situación dos elementos na pantalla fan que con algunhas resoluciónsse vexa un espazo baleiro coas cores do fondo á dereita na páxina de inicio, que se converte nunha franxa verde nas outras seccións. Bastante interactiva co foro e os seus tests e xogos. 5

Mequetrefes
Pode que a sección "Novas" sexa un pouco caótica, polo demais, ben organizado, con apartados ben escollidos e destacan detalles como o emprego dos monigotes en "¿quen somos?", moi acorde coa temática. 8

Se te va la olla
Quizas a cor de fondo está ben escollida respecto da temática, pero non tanto a tipografía, a cor das letras e as imaxes dos enlaces do lado esquerdo, que non pegan moito sobre o fondo e co contido. 5

Mastercav´s
Ben pensado o contraste entre fondo e apartados como se fosen un tapete e as cartas. Quizais o fallo esté en que, ata que pinchamos nun dos ases non sabemos a que sección estamos accedendo. Por outra banda, os perfís de cada persoa están moi logrados, aínda que se presenta un problema de lexibilidade en algúns nos que as letras brancas se suporpoñen a partes brancas do debuxo de fondo. 8

SMDB
Moi logrado o deseño, coa pega de que a situación dos elementos na pantalla poden deixar un espacio balero á dereita dependendo da resolución. 8

3 comentarios:

  1. O tema da resolución é un aspecto que pensamos que xa temos solucionado. Agora podemos asegurar que o verde non se ve, pero seguro que xa non se ve.

    A interactividade está pensada para que vos sexan máis amenos os contidos, e queremos a vosa participación e interacción connosco, entrando no foro e deixando constancia da vosa visita no LIBRO DE VISITAS VIP

    D. Antonio, O Recuncho dos Lacazáns

    ResponderEliminar
  2. Debido a ciertos problemas con la web SMDb, que mañana viernes, cuando volvamos a subirla, ya estarán solucionados, sus responsables os rogamos que consideréis para la valoración su versión definitiva, si no es demasiada molestia o ya la habéis publicado y pasais de cambiarla. Gracias de antemano.

    ResponderEliminar
  3. O DOS MONIGOTES VAI MOI ASOCIADO AO TEMA DOS MEQUETREFES, QUE VEN A SER O MESMO. CREMOS QUE LLE DA UN POUCO DE DESENFADO Á PAXINA QUE, POLO XERAL, OCONSERVA A SOBRIEDADE.

    UN SAUDO
    PATRICIA COUCHEIRO

    ResponderEliminar