Frikisports
Unha web cun deseño sinxelo pero bo. Non atopei ningún atranco á hora de desprazarme a través da páxina. Aínda así, se tivera que dicir algún punto negativo, destacaría que as letras do menú están nunha cor quizais pouco axeitada dado que dá a sensación de que se mesturan en partes co fondo. Polo demais, penso que cumpre perfectamente os requisitos mínimos de toda páxina web.
Nota: 8
Bang
Unha páxina orixinal, cun ton axeitado. Emprega unha estética que penso que vai acorde á película que presentan. Ten unha estructura simple pero ben organizada. Como punto negativo engadiría o exceso de tempo de carga en comparación a algunhas doutras webs.
Nota: 7
Revolucine
É un bo exemplo de web para pasar o tempo e aprender cousas novas. Conta cun bo deseño do que destacaría principalmente a galería de imaxes que se atopa no apartado de Redes, con esa música de fondo. Polo demais, unha estructura quizais un pouco complexa. Algo negativo: o banner do inicio que non leva a ningures.
Nota: 7
Maldia
Nun comezo non lle vexo moitos defectos. Emprega a estructura clásica deste tipo de páxinas, unha estética moi acorde ao contido con eses tons negros e escuros e paréceme que ten unha composición simple pero non por iso mala.
Nota: 7
As tres en punto
Principalmente desta páxina destacaría o deseño e o estilo que lle impuxeron, que podería tomarse como marca característica delas. Unha estructura simple, cunha organización sinxela para que o usuario non se perda e moi orixinal o vídeo de presentación. Pola parte negativa non tería nada que engadir.
Nota: 8
Neosteridad
Destacaría esta páxina polo seu carácter profesional. Podería representar perfectamente a unha empresa real. Ten un deseño moi logrado e non lle falta ningún detalle. Na miña opinión, non atopei nada negativo en canto a ela.
Nota: 6,5
As de corazóns
Esta web destacaríaa máis polos contidos que polo deseño en si. Mais penso que o deseño e a estética están moi acorde aos contidos da páxina. Como punto negativo, incluiría un enlace morto no apartado de colaboradores e que o enlace do inicio na foto de paquirrín non leve a ningures.
Nota: 8
Mastercavs
O principal defecto que puiden atoparlle é un “problemiña” no acceso aos contados da web. Empréganse as catro imaxes dos paos da baralla que son colocados no extremo inferior esquerdo da páxina. Pero para alguén que non coñecera a web nin a súa composición tería que andar buscando co rato o acceso aos contados e, unha vez atopados, perderíase ao non saber a onde levan cada un dos enlaces. Polo demais, un deseño traballado e chamativo, contados interesantes e unha organización moi boa tendo en conta a cantidade de material co que está composto a páxina.
Nota:7
Madreselva
Persoalmente penso que é a máis orixinal de tódalas que semellan ser moi profesionais. Ten un deseño, como ben mencionei, moi orixinal e sinxelo á vez cunha estructura simple. Destacaría o aceso a ese blog que complementa á perfección a páxina. Pola parte negativa, nada que dicir.
Nota: 7
M Gesteira
Esta é a terceira das webs de aspecto profesional que eu destacaría. Nótase que os contidos están traballados e penso que podería realizar perfectamente a súa función. Máis que aspecto negativo, simplemente comentaría que o banner do inicio non leva a ningures.
Nota: 6,5
Deporte no es solo fútbol
Desta web destacaría tres fallos. O primeiro a incomodidade de ter que pasar o rato en cada palabra do mapa para que sobresaia en azul, xa que non sae con pasalo por calquera parte da palabra. O segundo o fondo que ás veces impide ler con claridade os contados. E o terceiro que os enlaces visitados se queden todos nunha cor morada agás tres, que non se modifican ao visitalos. Aínda así, ten contidos interesantes, variados e abundantes que suplen eses pequenos fallos.
Nota: 6,5
Mequetrefes
Principalmente sinalaría que un dos enlaces do menú non ten imaxe (o de arquivos), aínda que iso penso que non foi fallo deles, que un dos enlaces non funcione (o de prensa) e que o texto que se atopa en inicio se fai dificultoso de ler nalgúns casos. Así e todo, destaca máis que nada pola súa orixinalidade e estética que penso que vai acorde co que representa.
Nota: 7
Nos enrollamos
O principal “fallo” que atopei á hora de navegar pola páxina é o desorde da sección de horóscopo e un texto que penso que sobra aí. Polo demais destacaría o reloxo que está na parte dereita, xa que non o vin en ningunha das anteriores páxinas e a facilidade coa que me atopei para desprazarme pola web.
Nota: 6,5
SMDb
O maior defecto que lle vexo é a escaseza de contidos. Un chega á web e pouco pode facer ou ver unha vez dentro. O deseño é moi orixinal e nótase que está traballado, mesmo cos sons que emprega, mais esa carencia de contidos é moi notable.
Nota: 7
Chita Fan Club
Ás veces autovalorarse é complicado e leva algún tempo de reflexión. Na miña opinión o noso proxecto web conseguiu a finalidade principal, que era saber aplicar o mínimo sobre a construción de páxinas web para obter como resultado unha web entretida e levadeira. Ao comparalo con outros proxectos decátome de que quizais faltan algúns detalles, pero penso que o obxectivo principal o logramos.
Nota: 7,5
Noraboa. Hai unha grande contención nas vosas puntuacións.
ResponderEliminarNon se seguiu o esquema de análise das páxinas: deseño, funcionalidade, contido e organización, pero o que sí hai un intento de non deixarse sobornar por arrumacos e carantoñas e cañas e bocatas.
Quizais sexa o máis difícil.
Grazas.
marotlo
Grazas por participar, obrigatoriamente. Traballastades. As gotas de suor aínda se ven en zonas da AI6. Non sei si Fran se sintirá moi representado, pero houbo entusiasmo e ganas de facer cousas. Eso sí, uns máis ca outros (perdón polo galego). É algo que sabedes perfectamente, pero foi, en xeral, unha promoción boa, ó igual que os vosos compañeiros do curso anterior. Así que estivo ben mentres durou. Felicidades a todos e todas e agardo ver os vosos nomes, nun futuro non moi lonxano, entre oropeis de fama e de cartos.
ResponderEliminarAgora o lado práctico. Como pechades unha etapa, admitín a trámite as vosas valoracións, así que a nota é a que vos decidistesdes co esforzo de revisar e avaliar cada web.
Sumei todas as notas por proxecto e dividin por 43, número total de persoas implicadas no proceso.
Polo tanto, a nota de ChitaFanClubé 6,8.
marotlo
Perdón por non apuntar horario de revisión:
ResponderEliminar- hoxe martes, de 18:00-20:30
- xoves e venres de 12:30 a 14:00
-- As notas, por suposto, son provisionais, xa que faltaba o tempo da revisión.
-- Hai 2 equipos, Madreselva e Mequetrefes que van ter máis nota porque entregaron o manual de estilo.
-- Falta a valoración das bitácoras que se incorporará á parte teórica
marotlo
Deseño: sinxelo, pero podería estar algo máis controlado. Na portada, barras de desprazamento horizontal e vertical. Un problema que está presente en todas as pantallas ou documentos. Non teño libro de estilo, así que manexo a resolución de 1024 por 768. e nesa primeira páxina xa podería estar o menú de navegación e non entra. O acceso sería máis rápido.
ResponderEliminarFuncionalidade: correcta. Todas as páxinas teñen o seu correspondiente título, aínda que na barra de menú, aparece sempre documento sen título.
Contido: curioso pero escaso, que podería ser orixinal. Curiosamente todos os vídeos son sobre tarzán e non sobre chita, por exemplo. Curiosidades, pouquiñas e con vídeos de muchachada nui…
Organización: Sinxela e clara
bó traballo
marotlo
As notas definitivas inclúen
ResponderEliminarProxectos e axustes
Manual estilo: 0,4
Blogs (relación entre número de entradas, participación noutros blogs e resumos exposicións): 0,3, 0,4 ou 0,5
Traballos teóricos e exposicións: 0,3 ou 0,5
marotlo
Temas que entran no exame (deixados na carpeta de traballo e sobre os que tiveron que realizar consultas nos blogs):
ResponderEliminarcadrorecursosmultimedia; colorweb; consejosbuendiseno; deseno_web_xeral; evolucion_web2_0; facilidaduso-variantes_web; fasesproxecto; Guia_Breve_CSS; Guias_estilo; imaxes_web; origenes_animacion; tags_audiencias; tema2_proceso_traballo; tema4.linguaxes; tipografia_web; mapa_Web_2_0.
marotlo