martes, 27 de abril de 2010

Comentarios de webs de CAV's

Beatriz Dono García

Frikisports

Unha web cun deseño sinxelo pero bo. Non atopei ningún atranco á hora de desprazarme a través da páxina. Aínda así, se tivera que dicir algún punto negativo, destacaría que as letras do menú están nunha cor quizais pouco axeitada dado que dá a sensación de que se mesturan en partes co fondo. Polo demais, penso que cumpre perfectamente os requisitos mínimos de toda páxina web.

Nota: 8

Bang

Unha páxina orixinal, cun ton axeitado. Emprega unha estética que penso que vai acorde á película que presentan. Ten unha estructura simple pero ben organizada. Como punto negativo engadiría o exceso de tempo de carga en comparación a algunhas doutras webs.

Nota: 7

Revolucine

É un bo exemplo de web para pasar o tempo e aprender cousas novas. Conta cun bo deseño do que destacaría principalmente a galería de imaxes que se atopa no apartado de Redes, con esa música de fondo. Polo demais, unha estructura quizais un pouco complexa. Algo negativo: o banner do inicio que non leva a ningures.

Nota: 7

Maldia

Nun comezo non lle vexo moitos defectos. Emprega a estructura clásica deste tipo de páxinas, unha estética moi acorde ao contido con eses tons negros e escuros e paréceme que ten unha composición simple pero non por iso mala.

Nota: 7

As tres en punto

Principalmente desta páxina destacaría o deseño e o estilo que lle impuxeron, que podería tomarse como marca característica delas. Unha estructura simple, cunha organización sinxela para que o usuario non se perda e moi orixinal o vídeo de presentación. Pola parte negativa non tería nada que engadir.

Nota: 8

Neosteridad

Destacaría esta páxina polo seu carácter profesional. Podería representar perfectamente a unha empresa real. Ten un deseño moi logrado e non lle falta ningún detalle. Na miña opinión, non atopei nada negativo en canto a ela.

Nota: 6,5

As de corazóns

Esta web destacaríaa máis polos contidos que polo deseño en si. Mais penso que o deseño e a estética están moi acorde aos contidos da páxina. Como punto negativo, incluiría un enlace morto no apartado de colaboradores e que o enlace do inicio na foto de paquirrín non leve a ningures.

Nota: 8

Mastercavs

O principal defecto que puiden atoparlle é un “problemiña” no acceso aos contados da web. Empréganse as catro imaxes dos paos da baralla que son colocados no extremo inferior esquerdo da páxina. Pero para alguén que non coñecera a web nin a súa composición tería que andar buscando co rato o acceso aos contados e, unha vez atopados, perderíase ao non saber a onde levan cada un dos enlaces. Polo demais, un deseño traballado e chamativo, contados interesantes e unha organización moi boa tendo en conta a cantidade de material co que está composto a páxina.

Nota:7

Madreselva

Persoalmente penso que é a máis orixinal de tódalas que semellan ser moi profesionais. Ten un deseño, como ben mencionei, moi orixinal e sinxelo á vez cunha estructura simple. Destacaría o aceso a ese blog que complementa á perfección a páxina. Pola parte negativa, nada que dicir.

Nota: 7

M Gesteira

Esta é a terceira das webs de aspecto profesional que eu destacaría. Nótase que os contidos están traballados e penso que podería realizar perfectamente a súa función. Máis que aspecto negativo, simplemente comentaría que o banner do inicio non leva a ningures.

Nota: 6,5

Deporte no es solo fútbol

Desta web destacaría tres fallos. O primeiro a incomodidade de ter que pasar o rato en cada palabra do mapa para que sobresaia en azul, xa que non sae con pasalo por calquera parte da palabra. O segundo o fondo que ás veces impide ler con claridade os contados. E o terceiro que os enlaces visitados se queden todos nunha cor morada agás tres, que non se modifican ao visitalos. Aínda así, ten contidos interesantes, variados e abundantes que suplen eses pequenos fallos.

Nota: 6,5

Mequetrefes

Principalmente sinalaría que un dos enlaces do menú non ten imaxe (o de arquivos), aínda que iso penso que non foi fallo deles, que un dos enlaces non funcione (o de prensa) e que o texto que se atopa en inicio se fai dificultoso de ler nalgúns casos. Así e todo, destaca máis que nada pola súa orixinalidade e estética que penso que vai acorde co que representa.

Nota: 7

Nos enrollamos

O principal “fallo” que atopei á hora de navegar pola páxina é o desorde da sección de horóscopo e un texto que penso que sobra aí. Polo demais destacaría o reloxo que está na parte dereita, xa que non o vin en ningunha das anteriores páxinas e a facilidade coa que me atopei para desprazarme pola web.

Nota: 6,5

SMDb

O maior defecto que lle vexo é a escaseza de contidos. Un chega á web e pouco pode facer ou ver unha vez dentro. O deseño é moi orixinal e nótase que está traballado, mesmo cos sons que emprega, mais esa carencia de contidos é moi notable.

Nota: 7

Chita Fan Club

Ás veces autovalorarse é complicado e leva algún tempo de reflexión. Na miña opinión o noso proxecto web conseguiu a finalidade principal, que era saber aplicar o mínimo sobre a construción de páxinas web para obter como resultado unha web entretida e levadeira. Ao comparalo con outros proxectos decátome de que quizais faltan algúns detalles, pero penso que o obxectivo principal o logramos.

Nota: 7,5

lunes, 19 de abril de 2010

Comentarios páxinas dos CAV's

Nuria García García


Frikisports:

Páxina cun deseño admirable e moi ben traballada, ademais de presentarse entretida para un gran público. O contido está moi ben adaptado ao tema en sí e creo que é unha páxina moi completa: vídeos, fotos, textos, animacións, vínculos… Ademais creo que é unha páxina que lle pode gustar a calquera, tanto a homes como a mulleres. En canto ao deseño creo que este non queda atrás e está moi ben plantexado. A animación da portada, os vídeos, o foro… fan dela unha web animada e interactiva. A única pega sobresaínte e que algúns enlaces non funcionan debidamente, como á volta ao inicio dende o menú. Un 8'5.

Bang:

Idea moi orixinal e a que se lle pode sacar bo partido, como fan os nosos compañeiros. É unha páxina sinxela que non ten demasiados contidos, pero que abarca todos os temas que poden ser de interese para calquera web promocional dunha película. Centrándonos no deseño todo está ben centrado, o menú funciona correctamente, a utilización de branco e negro creo que é acertada, a tipografía tamén… Como defecto destacaría que nas animacións de flash non se establece unha lectura continuada, en forma de bucle, e que tes que retroceder co outro botonciño. Un 7'5.

Revolucine:

Esta web amósanos unha forma creativa de afrontar o traballo. Os contidos correspondense adecuadamente ao tema e ofrécenos unha clara participación: ademais dos tests (aos que destacaría polo seu bo funcionamento) temos enlaces ás redes sociais máis coñecidas como sucedía con Frikisports. O deseño tamén é notable, funcionando correctamente o menú, os tests, a galería… Como erro nomearía o enlace a unha páxina que non ten moito que ver (Your Domain) tras premer a animación do principio, e a foto da portada tamén me parece algo pobre. Pero a parte diso todo son vantaxes. Un 8.


Maldia:

O deseño está bastante ben; os enlaces funcionan debidamente, os anclaxes para volver ao comezo da páxina (na sección de biografía) outro tanto, as cores son apropiadas, ofrece un aspecto serio… O contido responde ben ao tema pero como defecto destacaría que non está demasiado completa (poderían engadirse algúns datos do blog) e a falta dunha presentación. Un 7.


As tres en punto:

Unha páxina sinxela pero que responde ao tema tratado. Analizando o contido en sí este é bastante completo en canto as obras e datos amosados das tres protagonistas, aínda que quizais tamén estaría ben engadir a opinión delas sobre as mesmas para ampliar un pouco a información e ofrecer máis cousas na páxina. O deseño está ben traballado con detalles como as fotos que cambian ao deixar o curso enriba das mesmas; a cámara, os pinceis e a máquina de escribir na esquina de cada unha; o menú funciona correctamente... Como erro diría que o enlace de volta ao inicio dende calquera das entradas das protagonistas non está moi á vista, así como a presencia de tipografías demasiado distintas entre si, ademais de non contar cunha portada. Pero non ten pega nin moito menos. Un 7'5.


Neoteristad:

Unha páxina cun toque serio e ben plantexada. A idea é orixinal e distinta: a creación dunha empresa de publicidade. A inclusión de detalles como a barra de carga ao principio ou os enlaces ao fondo de "equipo", "aviso legal" e "privacidade" danlle un aspecto de profesionalidade; así como a utilización das mesmas tres cores lle dan unicidade á páxina. Os contidos están ben plantexados e o deseño é correcto (funcionan ben os enlaces, o menú...). Como pega destacaría un aspecto demasiado tenebroso con ese fondo negro para este tipo de empresas. Un 8.


As de corazóns:

Esta especie de páxina de cotilleos pode resultar entretida para algún público e presenta un deseño que funciona bastante ben, ademais de contar con menús como o das entrevistas. Pese a isto algúns enlaces non funcionan correctamente e facilmente calquera se pode perder entre tanto colorido. O detalle do xogo é un claro punto a favor. Un 7.


Madreselva:

Páxina seria e profesional, ben traballada en tódolos sentidos. Bótase en falta unha portada e non se entende porque hai dous menús que funcionan e responden exactamente ao mesmo. Aínda así os debuxos, as cores, as fotos... están ben posicionadas, creando unha web satisfactoria e sobresaínte. En canto aos contidos pode dicirse outro tanto do mesmo, xa que estes correspóndense ao tema e proporcionan toda a información que pode resultar de interese. Unha páxina moi ben feita. Un 9.


Chita Fan Club:

Páxina que plantexamos dende unha óptica divertida e amena, e creo que o conseguimos. Pódense criticar diferentes aspectos como que é unha páxina sinxela, pero dende a miña opinión o que fixemos fixémolo ben. É un tema ao que tampouco se lle podía quitar moito máis pero co que se podía conseguir un deseño atrevido con contidos entretidos, e trátase dunha web cun claro público. O que buscábamos conseguímolo. Un 8.


M.Gesteira:

Páxina que responde correctamente ao plantexado. En canto ao deseño as cores van acorde ao tema, diferentes tonalidades de azuis que nos remiten ao frío, os enlaces funcionan correctamente... Como erros subliñaría que no apartado de flota non se especifica nada de cada camión a pesar de haber as fotos destes e o mapa preséntase un pouco ambiguo ao aparecer unicamente a provincia de Pontevedra sombreada. Nótase tamén a falta dunha portada. Os contidos son bastante completos aínda que se podería profundizar máis no tipo de rutas. Un 7.


Deportes raros:

Web orixinal en canto aos contidos, ofrécenos unha mirada nova ao mundo do deporte. Os contidos son moi completos e destacaría a inclusión dos xogos, a ampla información sobre distintos deportes e o foro. En canto ao diseño o fondo creo que non se agradece demasiado xa que se xuntan demasiadas cores e demasiadas tipografías, pese a isto os enlaces funcionan ben así coma os xogos. Bótase en falta unha portada. Un 7.


Grupo de teatro mequetrefes:

Páxina cun estilo que roza o profesional, conseguido sobre todo polo fondo e os contidos. Dende a idea mesma até ao deseño é destacable. Reparando nos contidos estes tocan o que resulta importante e fan un pequeno recorrido pola historia e actuacións deste pequeno grupo. En canto ao deseño os enlaces funcionan correctamente, o menú tamén, os vídeos e a banda sonora o mesmo... Como erros destacaría que a tipografía é bastante liosa e a división dos elementos tamén. Un 7.5.


Se te va la olla:

Esta web presenta unha variedade de contidos que pode interesar a moita xente. A inclusión de horóscopo, tests, apartados como o das experiencias ou o de cóntanos fan que sexa unha páxina entretida onde pasar un bo rato. O deseño creo que peca de ser demasiado colorista, non hai portada e a tipografía creo que non é a máis axeitada; en canto aos enlaces funcionan ben na súa maioría e o reloxo é un detalle orixinal a recoñecer. Un 7.


Mastercav's:

Nesta ocasión estamos ante un tema e unha idea que nos pode resultar de interese a calquera de nós. Os contidos son axeitados e conta con vídeos que fan máis ameno o paseo pola web. O deseño conta cunhas cores e tipografía axeitadas, a pega é que non se poida volver atrás co axuda dun enlace dende tódalas páxinas. A inclusión dos traballos está ben e é axeitada ao tema da páxina. Un 8.


SMDb:

Web realmente orixinal e que pode atraer a múltiples persoas. O deseño é apropiado, con cores escuras acorde a idea. O enlace da dirección de correo está perdido, pero o resto funciona correctamente. Poderíase mellorar incluíndo unha portada. Os contidos son os adecuados fronte ao exposto, ofrecéndonos unha amplísima variedade de películas relacionadas co tema. Un 8.








jueves, 15 de abril de 2010

Comentarios das webs

Xacobe González Castro


Frikisports
Un estilo sobrio, aínda que non demasiado, que permite a boa lexibilidade do negro sobre branco e unha disposición dos elementos que deixa clao que o importante é o do centro, sendo as marxes unha invitación a curiosear polo resto da web. O menú non funciona, o que trae un serio problema para ir dunha sección a outra sen pasar polo inicio. O test é o foro son boas formas de invitar á interactividade. 7

Bang
A estética axústase ben ó tema, a navegación é sinxela e intuitiva e todo se adapta perfectamente ó que sería o cometido dunha páxina deste estilo, a promoción dun filme. 8

Revolucine
Ata que non se miran as "instruccións" non se sabe de que vai a páxina e o apartado de redes non cadra moito sendo o único cometido da páxina o de proporcionar uns test para entreterse. O deseño é coherente, letras brancas e vermellas sobre un fondo negro que fai centrar a atención sobre o que hai na páxina. 7

Maldia
Estética axustada ó tema e fácil navegación. Moi práctico o deseño da sección de multimedia. 8

Astresenpunto
Un diseño moi coidado e unha navegación que se fai sinxela tendo sempre como eixo central o inicio, ó que podemos volver sempre sen problemas, de xeito que sempre estamos ubicados entre todo o material da páxina. 9

Neoteristad
Sería máis fácil entrar podendo clickar en calquera parte do inicio, personalmente, intenteino prineiro nas letras, logo na chama e logo fun o verdadeiro botón; crea incertidume. Unh vez dentro, as seccións son lóxicas e agradecese a posiilidade de acceder a calquera en calquera momento. A estética non é moi publicitaria. 7

Ás de corazóns
Cores acertadas e boa navegación. O único que canta un pouco do deseño é que os textos están sobre branco e cortan a imaxe do fondo, non sei e era pretendido ou saíu así. Polo demais, divertida e ben traballada. 8

Madreselva
Moi sinxela e directa. A navegación non pode ser máis fácil. Moi bos os detalles da explicación de xardinería ecolóxica e os banners. 9

Chita Fan Club
Facilmente navegable. Todo moi básico en canto ó deseño, con espazos baleiros arredos dos contidos en algunhas das seccións. 5

Transportes M. Gesteira
Ó igual que Madreelva, vai ó que vai, véndese a imaxe dunha empresa. A combinación de cores está ben para unha empresa "especialista en frío". Lograda a sección de "flota". 9

Deporte no es solo fútbol
A situación dos elementos na pantalla fan que con algunhas resoluciónsse vexa un espazo baleiro coas cores do fondo á dereita na páxina de inicio, que se converte nunha franxa verde nas outras seccións. Bastante interactiva co foro e os seus tests e xogos. 5

Mequetrefes
Pode que a sección "Novas" sexa un pouco caótica, polo demais, ben organizado, con apartados ben escollidos e destacan detalles como o emprego dos monigotes en "¿quen somos?", moi acorde coa temática. 8

Se te va la olla
Quizas a cor de fondo está ben escollida respecto da temática, pero non tanto a tipografía, a cor das letras e as imaxes dos enlaces do lado esquerdo, que non pegan moito sobre o fondo e co contido. 5

Mastercav´s
Ben pensado o contraste entre fondo e apartados como se fosen un tapete e as cartas. Quizais o fallo esté en que, ata que pinchamos nun dos ases non sabemos a que sección estamos accedendo. Por outra banda, os perfís de cada persoa están moi logrados, aínda que se presenta un problema de lexibilidade en algúns nos que as letras brancas se suporpoñen a partes brancas do debuxo de fondo. 8

SMDB
Moi logrado o deseño, coa pega de que a situación dos elementos na pantalla poden deixar un espacio balero á dereita dependendo da resolución. 8

jueves, 28 de enero de 2010

Calidade dos contidos

Sen dúbida presentáronnos un amplo tema de carácter bastante teórico no pouco tempo do que dispuñan. Persoalmente quixera resaltar algo sobre a calidade dos contidos na web: a opinión do usuario. É algo ao que moitas veces non se lle dá importancia, mais debería ser ao contrario xa que se o usuario non está contento vaise e sen usuario non hai produto.

En relación á pregunta final do debate, quero dicir que, aínda que ás veces poida haber algún erro, en Wikipedia revísase e actualízase a información diariamente, polo que se fai un sitio web bastante fiable en canto a información. Mais tamén quero dicir que non só ocorre con esta páxina o feito de ter “fe cega” nela. Poñamos por exemplo a páxina do rincón do vago, da que todos sabemos que hai material subido por calquera persoa, sexa fiable ou non e aínda así hai quen acode a ela a buscar información ou axuda documentativa.

Análise das facilidades de uso en diferentes páxinas web

Ante a proposta de expoñer a que tipo de rede social na web nos afiliamos, Tuenti ou Facebook, ímonos decidir por unha e dar os motivos xustificantes. Nun principio deberiamos dicir cal é a que empregamos, mais se non empregamos ningunha das dúas tomaremos parte dunha segundo o exposto polos nosos compañeiros. A escollida é Facebook e os motivos son tres e sinxelos:

1. É máis internacional

2. Ten un maior número de aplicacións

3. Non ten acceso restrinxido, está aberto para todo aquel que queira participar.

Aínda que Tuenti tería a parte positiva quizais en que o menor número de aplicacións facilitaria e axilizaría o seu emprego e ademais en que, ao ser a máis empregada polos españoles, estaría máis preto a nós, sen dúbida as características de Facebook son máis convincentes.

martes, 26 de enero de 2010

Vídeo na web

Pareceume interesante ese resumo sobre o "refrito" de formatos nos que se pode almacenar un video dixital no ordenador e cales son os máis recomendables para colocar en internet, así como a forma de reproducir estes na web. Falaron da adaptación das televisións a internet, emisión en directo a través da rede ou reposición da programación sen cortes nesta, pero non abordaron a repercusión que ten o video de afecionado subido ós diferentes portais no medio televisivo, pois dun tempo a esta parte, danse moitos casos de programas da pequena pantalla que inclúen regularmente vídeos desta clase e moitos máis son os programas que botan man deles en certas ocasións.

Títulos de crédito

Defenderon sobradamente a importancia dos títulos de cédito, tanto á hora de integrarse có tema da película como dos casos nos que creann unha imaxe chmémoslle "de marca" que se pode asociar con un director ou un xénero por exemplo.Neste último caso, no de asociar uns determinados títulos a un determinado xénero, mencionaron o uso recorrente que fai o western dos créditos con estética de cartel "wanted", pero non puxeron ningún exemplo. Vou por un que me parece paradigmático do xénero, ademais de uns créditos ben logrados visualmente e ben orquestados coa banda sonora.