lunes, 19 de abril de 2010

Comentarios páxinas dos CAV's

Nuria García García


Frikisports:

Páxina cun deseño admirable e moi ben traballada, ademais de presentarse entretida para un gran público. O contido está moi ben adaptado ao tema en sí e creo que é unha páxina moi completa: vídeos, fotos, textos, animacións, vínculos… Ademais creo que é unha páxina que lle pode gustar a calquera, tanto a homes como a mulleres. En canto ao deseño creo que este non queda atrás e está moi ben plantexado. A animación da portada, os vídeos, o foro… fan dela unha web animada e interactiva. A única pega sobresaínte e que algúns enlaces non funcionan debidamente, como á volta ao inicio dende o menú. Un 8'5.

Bang:

Idea moi orixinal e a que se lle pode sacar bo partido, como fan os nosos compañeiros. É unha páxina sinxela que non ten demasiados contidos, pero que abarca todos os temas que poden ser de interese para calquera web promocional dunha película. Centrándonos no deseño todo está ben centrado, o menú funciona correctamente, a utilización de branco e negro creo que é acertada, a tipografía tamén… Como defecto destacaría que nas animacións de flash non se establece unha lectura continuada, en forma de bucle, e que tes que retroceder co outro botonciño. Un 7'5.

Revolucine:

Esta web amósanos unha forma creativa de afrontar o traballo. Os contidos correspondense adecuadamente ao tema e ofrécenos unha clara participación: ademais dos tests (aos que destacaría polo seu bo funcionamento) temos enlaces ás redes sociais máis coñecidas como sucedía con Frikisports. O deseño tamén é notable, funcionando correctamente o menú, os tests, a galería… Como erro nomearía o enlace a unha páxina que non ten moito que ver (Your Domain) tras premer a animación do principio, e a foto da portada tamén me parece algo pobre. Pero a parte diso todo son vantaxes. Un 8.


Maldia:

O deseño está bastante ben; os enlaces funcionan debidamente, os anclaxes para volver ao comezo da páxina (na sección de biografía) outro tanto, as cores son apropiadas, ofrece un aspecto serio… O contido responde ben ao tema pero como defecto destacaría que non está demasiado completa (poderían engadirse algúns datos do blog) e a falta dunha presentación. Un 7.


As tres en punto:

Unha páxina sinxela pero que responde ao tema tratado. Analizando o contido en sí este é bastante completo en canto as obras e datos amosados das tres protagonistas, aínda que quizais tamén estaría ben engadir a opinión delas sobre as mesmas para ampliar un pouco a información e ofrecer máis cousas na páxina. O deseño está ben traballado con detalles como as fotos que cambian ao deixar o curso enriba das mesmas; a cámara, os pinceis e a máquina de escribir na esquina de cada unha; o menú funciona correctamente... Como erro diría que o enlace de volta ao inicio dende calquera das entradas das protagonistas non está moi á vista, así como a presencia de tipografías demasiado distintas entre si, ademais de non contar cunha portada. Pero non ten pega nin moito menos. Un 7'5.


Neoteristad:

Unha páxina cun toque serio e ben plantexada. A idea é orixinal e distinta: a creación dunha empresa de publicidade. A inclusión de detalles como a barra de carga ao principio ou os enlaces ao fondo de "equipo", "aviso legal" e "privacidade" danlle un aspecto de profesionalidade; así como a utilización das mesmas tres cores lle dan unicidade á páxina. Os contidos están ben plantexados e o deseño é correcto (funcionan ben os enlaces, o menú...). Como pega destacaría un aspecto demasiado tenebroso con ese fondo negro para este tipo de empresas. Un 8.


As de corazóns:

Esta especie de páxina de cotilleos pode resultar entretida para algún público e presenta un deseño que funciona bastante ben, ademais de contar con menús como o das entrevistas. Pese a isto algúns enlaces non funcionan correctamente e facilmente calquera se pode perder entre tanto colorido. O detalle do xogo é un claro punto a favor. Un 7.


Madreselva:

Páxina seria e profesional, ben traballada en tódolos sentidos. Bótase en falta unha portada e non se entende porque hai dous menús que funcionan e responden exactamente ao mesmo. Aínda así os debuxos, as cores, as fotos... están ben posicionadas, creando unha web satisfactoria e sobresaínte. En canto aos contidos pode dicirse outro tanto do mesmo, xa que estes correspóndense ao tema e proporcionan toda a información que pode resultar de interese. Unha páxina moi ben feita. Un 9.


Chita Fan Club:

Páxina que plantexamos dende unha óptica divertida e amena, e creo que o conseguimos. Pódense criticar diferentes aspectos como que é unha páxina sinxela, pero dende a miña opinión o que fixemos fixémolo ben. É un tema ao que tampouco se lle podía quitar moito máis pero co que se podía conseguir un deseño atrevido con contidos entretidos, e trátase dunha web cun claro público. O que buscábamos conseguímolo. Un 8.


M.Gesteira:

Páxina que responde correctamente ao plantexado. En canto ao deseño as cores van acorde ao tema, diferentes tonalidades de azuis que nos remiten ao frío, os enlaces funcionan correctamente... Como erros subliñaría que no apartado de flota non se especifica nada de cada camión a pesar de haber as fotos destes e o mapa preséntase un pouco ambiguo ao aparecer unicamente a provincia de Pontevedra sombreada. Nótase tamén a falta dunha portada. Os contidos son bastante completos aínda que se podería profundizar máis no tipo de rutas. Un 7.


Deportes raros:

Web orixinal en canto aos contidos, ofrécenos unha mirada nova ao mundo do deporte. Os contidos son moi completos e destacaría a inclusión dos xogos, a ampla información sobre distintos deportes e o foro. En canto ao diseño o fondo creo que non se agradece demasiado xa que se xuntan demasiadas cores e demasiadas tipografías, pese a isto os enlaces funcionan ben así coma os xogos. Bótase en falta unha portada. Un 7.


Grupo de teatro mequetrefes:

Páxina cun estilo que roza o profesional, conseguido sobre todo polo fondo e os contidos. Dende a idea mesma até ao deseño é destacable. Reparando nos contidos estes tocan o que resulta importante e fan un pequeno recorrido pola historia e actuacións deste pequeno grupo. En canto ao deseño os enlaces funcionan correctamente, o menú tamén, os vídeos e a banda sonora o mesmo... Como erros destacaría que a tipografía é bastante liosa e a división dos elementos tamén. Un 7.5.


Se te va la olla:

Esta web presenta unha variedade de contidos que pode interesar a moita xente. A inclusión de horóscopo, tests, apartados como o das experiencias ou o de cóntanos fan que sexa unha páxina entretida onde pasar un bo rato. O deseño creo que peca de ser demasiado colorista, non hai portada e a tipografía creo que non é a máis axeitada; en canto aos enlaces funcionan ben na súa maioría e o reloxo é un detalle orixinal a recoñecer. Un 7.


Mastercav's:

Nesta ocasión estamos ante un tema e unha idea que nos pode resultar de interese a calquera de nós. Os contidos son axeitados e conta con vídeos que fan máis ameno o paseo pola web. O deseño conta cunhas cores e tipografía axeitadas, a pega é que non se poida volver atrás co axuda dun enlace dende tódalas páxinas. A inclusión dos traballos está ben e é axeitada ao tema da páxina. Un 8.


SMDb:

Web realmente orixinal e que pode atraer a múltiples persoas. O deseño é apropiado, con cores escuras acorde a idea. O enlace da dirección de correo está perdido, pero o resto funciona correctamente. Poderíase mellorar incluíndo unha portada. Os contidos son os adecuados fronte ao exposto, ofrecéndonos unha amplísima variedade de películas relacionadas co tema. Un 8.








3 comentarios:

  1. Muchas gracias a todos por la valoración de nuestra página. Si queréis leer las nuestras (SMDB) están en: http://blacklogia.blogia.com/

    ResponderEliminar
  2. Gracias :) A verdade é que realmente o traballo de M.Gesteira está sen rematar.

    Faltan camións por vectorizar e incluír, e o texto debería cambiar para amosar as características de cada camión.

    O mapa tamén está pensado para sacarlle máis partido, todas as provincias son botóns pero están agochados con programación para poder facelo a posteriori, porque con esta data de entrega non daba tempo.

    Realmente todavía me falta crear unha versión html e outra adicional para móviles. Pero moitas gracias pola túa crítica :)

    Olalla

    ResponderEliminar
  3. a tipografia e o grande uestionamento da paxina
    pero, rpito, tamen unha das susas caracteristicas mais destacables, sen dubida.
    emn acanto a organizacion, tratamos que cobinara o orde cunha certa chamada de atencun sobre o referente.

    un saudo
    Ptaricia coucheiro

    ResponderEliminar