viernes, 9 de octubre de 2009

Paseo pola rede...

Radioactivos - Actualidad: (a puntuación máis baixa, un 6)
Unha páxina onde atoparás información de actualidade e a programación de varias emisoras radiofónicas... Dende o noso punto de vista o deseño está logrado, as entradas son claras e os contidos ben organizados. É útil para ter a man unha recopilación das principais emisoras. Aínda así non é dos que máis chaman a atención, posiblemente porque está tratado dende unha óptica un tanto sobria.

Que te quero: (a puntuación máis alta, un 8.25)
Unha páxina divertida, entretida e sen dúbida picante. O deseño está moi ben, realmente nótase que hai todo un traballo detrás; os contidos outro tanto, atopamos cousas realmente sorprendentes e chamativas no apartado de Curiosidades.
No apartado de Test podes rir a cachón e no de A túa experiencia aínda máis.
En resumo, unha páxina para pasar un bo anaco!!

Wonderful 5, Zapa e Ken and the Dolls: (6.75)
Páxinas centradas na música e polo tanto algo semellantes entre si. Conseguen entreter e aportan a información necesaria con detalles do grupo/cantante. Wonderful 5 quizais sexa o menos abundante en contidos.

Aolimite: (7)
A pesares de certa desorganizazión pode servir como unha guía útil con diversos contidos. Ten un deseño bastante dinámico.

Minimalab: (7)
Páxina interesante sobre arte. Conta con diversas imaxes, pena que non poidan ser ampliadas. Ainda que é pobre en contidos e o deseño non destaca pola orixinalidade, é interesante o tema que trata.

Tuttifrutti: (6.75)
Deseño infantil e polo tanto pouco formal, pero moi acertado en relación aos contidos. Ten un estilo simple. Outro exemplo de grupo de música, pero coa diferencia fundamental dese toque infantil, algo característico frente aos outros que lle aporta orixinalidade.

Artesala: (7.5)
Páxina sobre cinema, fotografía, música, literatura... Trátase dunha páxina completa e entretida, con certos toques de humor e orixinalidade. No referente ao deseño as fotos non teñen moita calidade pero os contidos están realmente esmerados.

Oitenteiros: (7)
Regreso a infancia de todos nós. Contidos amenos e divertidos. O deseño conta de pouca seriedade ainda que pode ser unha informalidade buscada, de tódolos xeitos ten probabilidades de gustar.

Guioniza: (6.25)
Trátase dunha páxina moi simple, quizais quedaría mellor con letras e cores máis chamativas. Podemos atopar contidos interesantes, ainda así cremos que lle poderían sacar máis partido ao tema en si.

jueves, 8 de octubre de 2009

Ei

Ola. Só direi que aquí estamos e a continuación, Mahmud Ahmadineyad presentará certas reflexións (dándolle o play):