Sen dúbida presentáronnos un amplo tema de carácter bastante teórico no pouco tempo do que dispuñan. Persoalmente quixera resaltar algo sobre a calidade dos contidos na web: a opinión do usuario. É algo ao que moitas veces non se lle dá importancia, mais debería ser ao contrario xa que se o usuario non está contento vaise e sen usuario non hai produto.
En relación á pregunta final do debate, quero dicir que, aínda que ás veces poida haber algún erro, en Wikipedia revísase e actualízase a información diariamente, polo que se fai un sitio web bastante fiable en canto a información. Mais tamén quero dicir que non só ocorre con esta páxina o feito de ter “fe cega” nela. Poñamos por exemplo a páxina do rincón do vago, da que todos sabemos que hai material subido por calquera persoa, sexa fiable ou non e aínda así hai quen acode a ela a buscar información ou axuda documentativa.
jueves, 28 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Quedamos definitivamente o mércores 7 de abril, a partir das 16:30 para, en primeiro lugar, subir os proxectos ó servidor e, a continuación, facer a presentación da páxina: que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades. Unha breve presentación para que despois se poidan avaliar cada proxecto individualmente (nada de grupo).
ResponderEliminarTampouco vou esquecer revisar os blogs e ver se fustedes incorporando os resumos de cada exposición.
As titorías neste cuadrimestre son: martes, de 18:00 a 20:30 e mércores, de 10:30 a 14:00 horas.
Lembrade tamén de usar o meu correo electrónico, e o de Fran para dúbidas sobre flash.
Os días 8, 9, 10, 15, 16 e 17 polas tardes, Fran andará (bó os dous) pola Facultade.
Se precisades que quedemos nalgún momento algunha clase máis, non habería problema. só temos que poñernos dacordo todos e todas.
ánimo
marotlo, (23/02/10)
Último e definitivo cambio.
ResponderEliminarCita: luns, día 12 de abril, ás 16:30, na AI6.
Programa de festas:
1. subir os proxectos ó servidor
2. facer a presentación da páxina (que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades). Unha breve presentación o magnífico traballo realizado (para un sobresaliente)
3. avaliar cada proxecto individualmente e poñendo unha nota real, non de amigos.
marotlo (25/2/10)
En total, hai 14 blogs na clase, ¿non falta algún enderezo na relación?
ResponderEliminarE o enderezo de salpicón de marisco non está actualizado
marotlo
Quero que nos vexamos como mínimo 4 veces, antes da entraga do proxecto, para que me comentedes como vai o traballo. En titorías ou noutro momento que estea pola facultade e non teña clase. Podemos fixar as citas a través do correo electrónico.
ResponderEliminarmarotlo
Estamos de acordo con vós en que a opinión do usuario é fundamental e quizais moitas veces se deixa pasar este factor. O usuario é quen decide se o producto lle interesa ou non, ademáis é importante ter en conta que como dicides moitas páxinas a pesar de non ter información fiable teñen moito máis exito que outras pola gran difusión que teñen entre os usuarios, neste caso como vos mencionades wikipedia.
ResponderEliminar"Poñamos por exemplo a páxina do rincón do vago, da que todos sabemos que hai material subido por calquera persoa, sexa fiable ou non e aínda así hai quen acode a ela a buscar información ou axuda documentativa", hoy en día, con la información que encontramos por Internet, pasa un poco como con el retoque fotográfico, llega un punto en el q no sabes si realmente lo vemos o leemos es completamente real, si existen fuentes que aporten seriedd a eso que se nos cuenta... en nuestra opinión el círculo de la información es demasiado amplio y deberían hacer algo para cerrarlo un poco; no hablamos de imponer el silencio, ni mucho menos, sólo creemos que vendría bien un poco de restricción.
ResponderEliminarSaludos!;)
nos tamén estamos completamente dacordo con vos. nos so co de que o mais importante sexa a opinion do usuario, senón de que moitos fíanse ao 100% de tódalas cousas que se subenm a internet.
ResponderEliminarpola contra, moitos, a pesar de que sabemos de que páxinas nos podemos fiar, e de cales non, segumos acudindo a estas últimas máis do que o facemos ás fiables.
un saudo
Antes de dar paso ás calificacións, agradecervos o voso esforzo, o voso traballo e a vosa paciencia, aínda que sempre hai algunha persoa que destaca por todo o contrario.
ResponderEliminarEn liñas xerais, os proxectos esixíronvos ideas, tempo e considerables enfrontamentos cos programas. Por suposto, tamén aquí hai graos a pesar de que se supuña que eran traballos en equipos. Non todos os mebmros dos equipos responden da mesma maneira. Pero isto tamén se percebe.
Moitas grazas pola vosa colaboración, obrigatoria, eso sí, pero colaboración e interese demostrado, ó fin e o cabo.
En xeral, houbo dinamismo, creatividade e ganas de facelo ben.
Só desexo que podades cumprir metas e obxectivos.
marotlo