jueves, 28 de enero de 2010

Calidade dos contidos

Sen dúbida presentáronnos un amplo tema de carácter bastante teórico no pouco tempo do que dispuñan. Persoalmente quixera resaltar algo sobre a calidade dos contidos na web: a opinión do usuario. É algo ao que moitas veces non se lle dá importancia, mais debería ser ao contrario xa que se o usuario non está contento vaise e sen usuario non hai produto.

En relación á pregunta final do debate, quero dicir que, aínda que ás veces poida haber algún erro, en Wikipedia revísase e actualízase a información diariamente, polo que se fai un sitio web bastante fiable en canto a información. Mais tamén quero dicir que non só ocorre con esta páxina o feito de ter “fe cega” nela. Poñamos por exemplo a páxina do rincón do vago, da que todos sabemos que hai material subido por calquera persoa, sexa fiable ou non e aínda así hai quen acode a ela a buscar información ou axuda documentativa.

Análise das facilidades de uso en diferentes páxinas web

Ante a proposta de expoñer a que tipo de rede social na web nos afiliamos, Tuenti ou Facebook, ímonos decidir por unha e dar os motivos xustificantes. Nun principio deberiamos dicir cal é a que empregamos, mais se non empregamos ningunha das dúas tomaremos parte dunha segundo o exposto polos nosos compañeiros. A escollida é Facebook e os motivos son tres e sinxelos:

1. É máis internacional

2. Ten un maior número de aplicacións

3. Non ten acceso restrinxido, está aberto para todo aquel que queira participar.

Aínda que Tuenti tería a parte positiva quizais en que o menor número de aplicacións facilitaria e axilizaría o seu emprego e ademais en que, ao ser a máis empregada polos españoles, estaría máis preto a nós, sen dúbida as características de Facebook son máis convincentes.

martes, 26 de enero de 2010

Vídeo na web

Pareceume interesante ese resumo sobre o "refrito" de formatos nos que se pode almacenar un video dixital no ordenador e cales son os máis recomendables para colocar en internet, así como a forma de reproducir estes na web. Falaron da adaptación das televisións a internet, emisión en directo a través da rede ou reposición da programación sen cortes nesta, pero non abordaron a repercusión que ten o video de afecionado subido ós diferentes portais no medio televisivo, pois dun tempo a esta parte, danse moitos casos de programas da pequena pantalla que inclúen regularmente vídeos desta clase e moitos máis son os programas que botan man deles en certas ocasións.

Títulos de crédito

Defenderon sobradamente a importancia dos títulos de cédito, tanto á hora de integrarse có tema da película como dos casos nos que creann unha imaxe chmémoslle "de marca" que se pode asociar con un director ou un xénero por exemplo.Neste último caso, no de asociar uns determinados títulos a un determinado xénero, mencionaron o uso recorrente que fai o western dos créditos con estética de cartel "wanted", pero non puxeron ningún exemplo. Vou por un que me parece paradigmático do xénero, ademais de uns créditos ben logrados visualmente e ben orquestados coa banda sonora.

Grafismo en televisión

Unha boa exposición, abordaron o abordable no plano teórico con un máis que suficiente arsenal de exemplos. Aínda así, na súa perspectiva histórica parece que non existira o grafismo en televisión antes do Paintbox de 1981, mentando unicamente como antecedentes os títulos de crédito cinematográficos.

Animación

Este traballo xirou en torno aos tres tipos de animación que podemos atopar: debuxos animados, 3D e stop-motion. Ademais de exemplificalos todos, amosáronos un breve recorrido pola historia de cada un deles e os seus comezos.

Dentro dos debuxos animados non podía faltar Walt Disney, posiblemente a mellor produtora deste tipo de filmes que podemos chegar a coñecer. A mostra dos seus personaxes máis célebres, como Mickey ou Donald, acompañada de pequenos fragmentos dalgún dos seus filmes fixeron da exposición algo entretido e ameno.

Ademais falaron de O bosque animado, película feita e creada en Galicia por Dygrafilms: produtora galega e unha das máis importantes a nivel estatal dentro do seu ámbito.

Dentro do 3D tamén nos amosaron algúns exemplos e o mesmo co stop-motion (toda aquela animación feita con produtos maleables, na que destaca a plastilina).

O feito de presentar o traballo nun vídeo pareceunos todo un acerto, a única pega que tivo foi algúns problemiñas co son nalgunhas partes pero en xeral estivo moi ben e fíxose realmente entretida.

Retoque fotográfico

O retoque fotográfico é algo que trae diversas posturas dende hai tempo: é ou non é ético modificar as fotografías?

Con esta pregunta os nosos compañeiros iniciaron, na parte final do traballo, un debate na clase. Pero na miña opinión creo que non se pode chegar a un acordo, hai e haberá diversas consideracións sobre o tema.

O traballo exposto pareceunos moi entretido, apoiado de numerosos vídeos que nos asombraban a todos. Hoxe en día o uso do PhotoShop é algo habitual en tódalas publicacións e realmente cando se ve o antes e o despois obsérvase un cambio enorme.

A entrevista ao profesor Vítor Vaqueiro tamén nos pareceu interesante e unha boa maneira de aportar máis información ao traballo.

Dereitos de autor e propiedade intelectual

Nesta exposición os nosos compañeiros trataron sobre todo o tema da piratería e o tema da descarga ilegal por Internet, algo que nos é familiar a todos pero que non acabamos de coñecer de todo ben.

Grazas aos vídeos, nos que se amosaban avogados discutindo sobre o tema da propiedade intelectual, a exposición fíxose amena. Ademais cuidemos observar os diferentes puntos de vista que hai en torno a isto.

A aportación de exemplos, como o caso de Iván Ferreiro, pareceunos realmente interesante.

Función dos logotipos e identidade social

A exposición sobre os logotipos pareceunos entretida e interesante. Explicaron as diferenzas fundamentais entre os tres tipos de logo (logotipo, isotipo e isologotipo), algo realmente importante xa que moitas veces acostumamos a confundilos.

Dentro do logotipo amosaron exemplos onde este pode presentar certas modificacións sen que por iso perda o seu significado (como ocorre con Google).

Tamén explicaron as características que debe ter un bo logo.

Por último decir que o xogo pareceunos un bo cerre para o traballo.



Tipografía e deseño

+Tipografía:

-Utilización de letras con remates (tipo times), xa que facilitan a letura.
-Emprego de letras acorde co que estamos deseñando (feminidade, alegría...).
-Prestar moita atención a tipografía: ésta caracteriza á marca.
-Emprego de letras escuras sobre fondo máis claro, xa que isto mellora a letura.
-No referente as páxinas web, non xustificar o texto para maior comodidade de letura.
-Creación dunhas letras novidosas para o título co fin de chamar a atención e provocar no público unha identificación destas co produto.